O partido entre o Ourense CF e o Valencia CF provocará restricións de tráfico nas inmediacións do estadio do Couto

OurenseXa
Os cortes afectarán xa pola tarde á Praza da Chave e á Praza Sorolla, así como á rúa Carlos Maside
estadio-do-couto
Estadio do Couto
14 Jan 2025

Con motivo da celebración do partido de octavos de final da Copa do Rei entre Ourense CF e Valencia CF que terá lugar este martes 14 de xaneiro ás 21:00 horas no estadio do Couto, o Concello informa de que haberá cortes de tráfico nas inmediacións para garantir a seguridade do evento.

Así, a partir das 15.00 horas prohíbese o estacionamento na Praza da Chave e Praza Sorolla, mentres que as 19.00 horas cortarase o tráfico na rúa Carlos Maside. Ademais, durante a tarde cortarase alternativamente o acceso centro da glorieta de Ervedelo.

0.14504599571228