O paso a nivel de Peliquín estará pechado a partir do vindeiro luns

OurenseXa
Entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro procederanse a realizar os traballos de renovación da vía
paso-a-nivel-peliquin
Paso a nivel de Peliquín
23 Jan 2025

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que, con motivo da realización de traballos de renovación da vía, o paso a nivel do Peliquín (entre as rúas Río Camba e Castella Ferrer), estará pechado ao tráfico desde o vindeiro luns, 27 de xaneiro, até o sábado, 1 de febreiro.

O tráfico procedente da rúa Castella Ferrer desviarase pola rúa do Peliquín e continuará pola rúa do Vinteún ata a avenida de Santiago.

Desde a rúa Alfredo Brañas, desviarase pola rúa San Silvestre e continuará polas rúas Canteiros e O Vinteún, ou ben circulará pola rúa Vicente Risco cara á rúa Francisca Herrera, a avenida de Santiago e a rúa do Vinteún.

Desde a rúa Río Mao, os vehículos deberán avanzar pola avenida de Santiago cara á rúa do Vinteún.

Desde a rúa Canteiros, na intersección co Camiño Regueira O Peliquín, o tráfico desviarase pola rúa do Vinteún cara á avenida de Santiago.

 

0.16831016540527