O Pavillón municipal dos Remedios acollerá este domingo o Campionato galego de Jiu Jitsu

OurenseXa
O Campionato Galego de Jiu Jitsu Trofeo Cidade de Ourense terá lugar este domingo no anexo do Pavillón municipal dos Remedios
campionato_galego_jiujitsu_Ourense
Presentación do Campionato galego de Jiu Jitsu
29 Feb 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, acomparon esta mañá a Felipe Iglesias, seleccionador galego de Jiutsu,  na presentación do Campionato galego de Jiu Jitsu Trofeo Cidade de Ourense patrocinado polo Consello Municipal de Deportes.

A cita, que reunirá preto de  300 deportistas, será o domingo, día 3 de marzo a partir das 16.00 h no anexo do Pavillón municipal dos Remedios e dela sairá o equipo que represente a Galicia no vindeiro campionato de España.

O torneo incluirá todas as categorías, nas modalidades loita, ne waza e dúo kata. O campionato está organizado pola Federación Galega de Judo e deportes asociados, coa colaboración do Concello e do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.

0.20057582855225