O Pereiro de Aguiar impulsa a ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey cun investimento de preto de 2 millóns de euros

OurenseXa
As obras avanzan ‘a bo ritmo’ para aumentar a capacidade do centro ante o crecemento do alumnado, mentres o Concello mantén como prioridade a demanda dun novo instituto
PEREIRO DE AGUIAR obras ceip
9 Jan 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar informou de que as obras de ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey progresan a bo ritmo, nunha actuación que mobiliza un investimento de preto de 2 millóns de euros. O obxectivo é dar resposta ao notable incremento do número de alumnos e alumnas e ao requirimento de ampliar a capacidade do colexio.

Segundo trasladou o goberno local, a intervención permitirá dispoñer de máis espazo e mellorar os servizos do centro, coa aposta por infraestruturas de maior calidade para reforzar as condicións educativas da comunidade escolar.

O Concello subliña que esta ampliación forma parte dunha liña de traballo máis ampla para adaptar os equipamentos educativos ao crecemento do municipio e asegura que seguirá reclamando o novo instituto, unha demanda que sitúa como clave para garantir o futuro formativo da mocidade do Pereiro.

⚙ Configurar cookies
0.081595897674561