O piloto alaricano Javier Pardo gaña o Rally de Ourense

OurenseXa
A vitoria de Pardo foi celebrada pola afección local, que levaba máis de 40 anos agardando ver a un piloto da provincia no máis alto do podio
podio-rally-ourense
Rally de Ourense
15 Jun 2025

O piloto alaricano Javier Pardo alzouse co triunfo na 58ª edición do Rally de Ourense, converténdose no primeiro ourensán en gañar esta proba en máis de catro décadas. A súa vitoria foi un dos momentos máis destacados dun fin de semana marcado pola emoción e pola afluencia de milleiros de afeccionados ao motor.

A proba, celebrada os días 13 e 14 de xuño de 2025, volveu encher de ambiente e ruído de motores as estradas da provincia. O percorrido desta edición incluíu preto de 160 quilómetros cronometrados repartidos en 14 tramos, sumando en total case 500 quilómetros de competición.

O venres, os vehículos pasaron polos concellos de Taboadela, A Merca, Celanova e Toén. O sábado, a carreira percorreu Amoeiro, Cenlle, San Amaro, Ribadavia, A Arnoia, Cartelle e de novo Toén, coa agrupación final na cidade de Ourense. Unha das novidades foi a inclusión dun tramo nocturno, aínda que, como en anos anteriores, o rally non tivo percorrido urbano.

A vitoria de Pardo foi celebrada pola afección local, que levaba máis de 40 anos agardando ver a un piloto da provincia no máis alto do podio do rally máis emblemático de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.14312601089478