O polígono agoforestal de Solbeira prevé mobilizar unha superficie de 43,36 hectáreas en Paderne de Allariz

OurenseXa
Medio Rural e Concello avanzaron nas vías de cooperación a prol do desenvolvemento rural deste municipio
María José Gómez, Paz Rodíguez e Manuel Pérez
María José Gómez, Paz Rodíguez e Manuel Pérez
14 Jan 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo na tarde deste luns unha reunión co alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, para afondar nas vías de cooperación a prol do desenvolvemento rural deste municipio ourensán.

No encontro abordáronse diferentes iniciativas para a posta en valor do territorio mediante as ferramentas recollidas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste sentido, o concello de Paderne de Allariz conta cun proxecto de polígono agoforestal en Solbeira, co que se prevé mobilizar unha superficie de 43,36 hectáreas.

0.15722799301147