O PP de Barbadás pedirá no pleno a creación dunha ordenanza que regule o funcionamento dos locais sociais

OurenseXa
Consideran que a falta dunha normativa para a súa xestión “pode xerar problemas de convivencia entre os usuarios”
Pleno do concello de Barbadás
Pleno do Concello de Barbadás
8 Apr 2025

O PP de Barbadás presentará no próximo Pleno Ordinario do Concello unha moción para que se redacte e se presente a pleno para a súa aprobación antes do mes de xuño de 2025, unha Ordenaza Municipal que regule o funcionamento dos Locais Socias empregados polas asociacións do concello.

Consideran que a falta dunha normativa para a súa xestión “pode xerar problemas de convivencia entre os usuarios, desigualdade nos criterios de concesión, deterioro nas instalación e falta de transparencia na asignación dos locais”.

Por iso, solicitarán a redacción e presentación dunha ordenanza onde queden reflectidos s criterios obxectivos para a solicitude e as prioridades de asignación do local, así como as actividades permitidas e o regulamento interno e os mecanismos de participación cidadá nos locais.

Ademais, piden crear una comisión negociadora para a redacción a Ordenanza na que estean presentes as Asociacións usuarias dos locais.

⚙ Configurar cookies
0.18325901031494