O PP de Ourense acusa ao Goberno Municipal de “falta de transparencia”
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia tras as reunións das xuntas de área a falta de transparencia do goberno local e lamenta que o alcalde oculte información sobre as infraccións cometidas polos concelleiros de Democracia Ourense.
O PP solicitou por escrito o 24 de xullo o atestado, os rexistros de chamadas e as comunicacións relacionadas co referido ao accidente de tráfico no que está implicado o coche do edil Francisco Lorenzo, o prazo para que desen unha resposta finalizou o 30 de agosto, hoxe nas xuntas de área os populares preguntaron de novo, pero seguen sen dar ningún tipo de información. Por suposto, os concelleiros do PP tampouco recibiron explicacións sobre o vehículo -que “parece ser” da concelleira Noa Rouco, e do que que tamén “parece ser”, se baixou con ela, o edil Antonio Fernández- que estivo estacionado unha semana nun espazo reservado para os coches oficiais da Policía Local, para irse de vacacións.
“Por aforrar os cartos dun taxi, cando en Ourense hai un excelente servicio, saltáronse as normas facendo alarde de que se sinten por riba dos demais cidadáns de Ourense”, critican os populares.
Neste senso, o Grupo Municipal pregúntase “si Ourense é unha finca privada e se todos os cidadáns poden tirar vallas ou aparcar no primeiro sitio que encontren aínda que non estea permitido. Antes era só é o alcalde o que infrinxía as normas, pero o que observamos é que esa moda se foi extendendo a outros concelleiros do grupo de Democracia Ourensana”.
Os populares insisten en que a escaseza de prazas de aparcamento na cidade é unha realidade, pero “o que é incrible é o abuso que se está a facer respecto faltándolle ao respecto á veciñanza de Ourense”, conclúen os populares.
“Resaltable tamén das xuntas é a deriva da concellería de servizos sociais”, sinalan os populares. No mes de xullo había 247 axudas de emerxencia, para familias que o necesitan, pendentes de pago, 196.000 euros. En setembro xa serán moitas máis e, temos que recordar que se deixou de atender durante meses o xantar de moitos maiores, ata que veu a Xunta a prestarlles de novo ese servizo; que segue habendo meses de espera para unha cita en servizos sociais, que de novo este verán non houbo conciliación nos centros cívicos e o que é máis grave, hai dependentes desde marzo nas súas casas esperando a que o concello lles preste o incremento de horas que teñen recoñecido