O PP de Ourense denuncia a paralización de varios tramos da autovía A-56 Ourense-Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Reclaman ao MITMA a licitación das obras do tramo Quintela-A Casilla
autovia-a-56-lugo-ourense
Autovía A-56
27 Jan 2025

Nos primeiros días deste ano, os deputados ourensáns do Partido Popular, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno demandando respostas por escrito sobre a situación dos tramos ourensáns da autovía A-56 Ourense-Lugo. Denuncian que, actualmente, os devanditos traballos están paralizados.

Os deputados populares lembran que esta autovía só ten, desde setembro de 2020, un tramo en servizo, que é o que vai desde A Barrela (Carballedo) ata San Martiño (Vilamarín), de 8,8 km (8,3 km na provincia de Lugo e 0,5 km en Ourense). Un tramo que, sinalan, quedou illado e sen funcionalidade.

Ademais, explican que en setembro de 2024, con máis de dous anos de atraso desde a adxudicación das obras, o 9 de marzo de 2022, comezaron os primeiros movementos de terras do primeiro tramo da Variante Norte de Ourense, A-56 entre Eirasvedras e Quintela. Por tanto, denuncian, a obra está “notablemente atrasada”.

Para os populares, a situación “máis desoladora” é a parte administrativa dos restantes tramos que van desde Quintela ata San Martiño, polo que solicitan ao Goberno que especifique as datas nas que ten previsto aprobar e sacar a licitación o proxecto de construción da Variante de Ourense nese tramo.

0.14035606384277