O PP de Ourense denuncia actos vandálicos na súa sede provincial

OurenseXa
Consideran que este ataque constitúe “un rexeitable exemplo de incivismo e falta de convivencia democrática” e fan un chamamento “á responsabilidade e ao civismo”
actos-vandalicos-sede-pp-ourrense
3 Feb 2026

O Partido Popular de Ourense denuncia e condena os actos vandálicos rexistrados a noite do domingo ao luns na súa sede provincial, cando apareceron unha serie de carteles na fachada das súas oficinas nos que se podía ler “PP, Partido Pirómano, 17 nos queimando Galiza”.

Os populares acusan ao independentismo galego de intentar “xerar un clima de confrontación e conflitividade” cun ataque que consideran “un rexeitable exemplo de incivismo e falta de convivencia democrática” e que tamén se reproduciu noutras sedes galegas.

O PP de Ourense lamenta que utilícense os espazos privados dun partido político como “diana para as reivindicacións e propaganda allea de formacións e grupos do independentismo galego” e lembra que “as sedes dos partidos políticos son espazos que merecen todo o respecto”.

Segundo a dirección provincial, este tipo de ataques “só demostra intolerancia” polo que fan un chamamento “á responsabilidade e ao civismo” e insisten en que “a liberdade de expresión ten múltiples canles para expresarse, pero xamais pode ser atacando as sedes dos adversarios políticos”.

⚙ Configurar cookies
0.082435846328735