O PP de Ourense esixe solucións ante o aumento de roubos no barrio da Ponte

OurenseXa
Dende o PP lamentan "a falta de resposta do Goberno local e o PSOE mentres incrementan os roubos"
Estación de tren de Ourense
9 Sep 2024

O Grupo Municipal Popular do Concello de Ourense lamenta a falta de  resposta do Goberno municipal e do Goberno de España dirixido, polo Partido Socialista, "mentres se agrava a inseguridade na cidade".

“Séguense a producir roubos no barrio da Ponte, esta fin de semana coñecíamos de primeira man varias incidencias en establecementos comerciais, e tamén o desmantelamento do museo do ferrocarril, localizado na Avenida de Marín, que foi creado grazas ao traballo de anos dos exferroviarios”, denuncia a concelleira, Noelia Pérez.

Neste senso, os populares lembran que o venres no pleno o concelleiro responsable en seguridade negara esta problemática durante o debate plenario. “É lamentable que advertiramos desta situación fai un ano e que non se fixese nada por solucionala, e que a día de hoxe o goberno local, e tamén o PSOE,  o único que sigan a facer sexa botar balóns fora”, indica a popular.

Por outra banda, o PP critica as contradicións do PSOE. “Agora parece que os socialistas do Concello recoñecen inseguridade, mentres a subdelegación continúa tildando ao PP de alarmista. En que quedamos hai ou non hai inseguridade?”, pregúntase a concelleira.

“A ver se agora, despois do pleno, os socialistas comezan a tomar medidas, porque das naves de Rio Arnoia, que levan ocupadas máis de un ano, e que dependen do Sr. Pedro Sánchez, no dixeron nada, e da falta de policías na Comisaria de Ourense, tampouco”, continúa.

Os populares esixen tamén acciones inmediatas ante a ocupación. “O Ministerio dirixido polo Partido Socialista e o Goberno Municipal, deben espertar dunha vez”, esixe a edil.

“A realidade que nos transmite a veciñanza é que hai unha gran percepción de inseguridade e medo en todos os barrio da cidade, principalmente en O Pino, Tras Estación, O Vinteún e  A Ponte”, engade.

Por último, o PP reivindica o seu apoio a todos os veciños e veciñas da cidade. “Seguiremos esixindo ás administracións competentes, ao ministerio representado polo subdelegado do Goberno e ao goberno local, que incrementen a vixilancia para que os cidadáns podan saír tranquilos á rúa, porque a nosa función é dar voz á veciñanza”, conclúe a concelleira.

0.16376900672913