O PP de Ourense vota en contra do mantemento da Unidade Post-COVID do CHUO

OurenseXa
A moción, que foi presentada polos socialistas, contou cos votos a favor do resto de grupos políticos
Ana-mendez-sonia-ogando
Ana Méndez e Sonia Ogando
6 Jun 2025

No Pleno celebrado este martes, o PSdeG de Ourense levou unha moción relativa ao mantemento da Unidade Post-COVID do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), co obxectivo de dar unha atención multidisciplinar e de calidade aos e ás doentes con graves secuelas da COVID-19 e aos de COVID persistente.

Esta moción, foi aprobada cos votos a favor de todas as forzas políticas agás o PP, que votou en contra de instar á Xunta a que o Sergas garanta este servizo.

“O Partido Socialista”, sinalaaba a voceira, Natalia González, “presentou antes que DO esta iniciativa tanto no Parlamento de Galicia como neste Concello”, acusando ao partido do alcalde de “ir a rebufo do que fan os demais”.

“Nós si cremos que hai que adicar cartos e investigación para unha enfermidade que xurdiu recentemente e Ourense estaba a ser pioneira neste eido coa unidade multidisciplinar que funcionaba no CHUO, ata que a Xunta decidiu pechala. Máis de 350 persoas nesta provincia tiñan resposta ás súas necesidades en dita unidade”, destacou a voceira.

“É moi difícil, nalgúns casos, para estas persoas obter unha baixa laboral. Acaban acudindo en moitas ocasións aos xulgados e teñen que ser derivados ao servizo de Saúde Mental polos trastornos derivados da enfermidade que padecen e as trabas que se atopan no seu día a día. E quero recordar que hai unha diferenza moi grande entre entender e desenvolver políticas sanitarias atendendo aos números ou atendendo ás persoas. Somos a provincia máis avellentada de Galicia e non temos nin sequera unha unidade de xeriatría especializada, por exemplo”, lamentou a tamén secretaria de Política Social da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG.

⚙ Configurar cookies
0.16648411750793