O PP descarta retirarlle a acta de senador a Baltar mentres que PSOE e BNG piden a súa suspensión

OurenseXa
Os socialistas lembran que “o PP reservoulle a Baltar a máis alta honra ao designalo senador autonómico” e piden "exemplaridade"
pp-baltar-fitur
Imaxe de Fitur 2025
28 Jan 2025

O Grupo Parlamentario Socialista no Senado esixe ao PP na Cámara Alta que reclame a acta ao senador autonómico por Galicia, José Manuel Baltar. O Tribunal Supremo considerou culpable ao ex presidente da Deputación de Ourense nunha sentenza firme por ter cometido un delito contra a seguridade viaria. O TS sentenciou que se trata dunha “verdade incontestable” que o senador do PP circulou a máis de 200 km/hora nunha vía cuxo límite é de 120 km/h.

“É o momento da exemplaridade”, asegurou o senador socialista por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. “Desde o Partido Socialista cremos tamén que esta sentenza implica a entrega da acta como senador por parte de José Manuel Baltar”.

“O PP reservoulle a Baltar a máis alta honra”

O parlamentario socialista lembrou que “o PP reservoulle a Baltar a máis alta honra ao designalo senador autonómico” e tamén lembrou que o hoxe condenado segue sendo o presidente da Comisión de Despoboamento e Reto Demográfico da Cámara Alta.

Ao xuízo dos socialistas, estes cargos son incompatibles coa condena por un delito contra a seguridade viaria, xa que non se pode “poñer en risco a vida dos demais”, subliñou Rodríguez Villarino, que lembrou que “Feijóo limitouse a dicir que Baltar cumprirá a sentenza, faltaría máis. Un senador debe ser unha persoa que dea exemplo á cidadanía, e non alguén que poña en risco as súas vidas”, concluíu.

Na mesma liña, o BNG pediu onte que aos populares que reclamen a Barlar a súa acta e esixen que sea suspendido de forma inmediata.

Polo momento, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, rexeita “castgar” ao senador e ex presidente do PP ourensán pese a sentenza condenatoria publicada no día de onte que o acusa de cometer un delito contra a seguridade viaria.

0.095285892486572