O PP do Concello de Ourense ratifica a súa negativa a negociar máis modificacións de crédito

OurenseXa
O Grupo Municipal Popular advirte que o alcalde segue mantendo a idea de cambiar o criterio do proceso de estabilización dos traballadores
concello-ourense-recurso
26 sep 2024

O Partido Popular esixe que “previa á negociación de calquera modificación de crédito proposta unilateralmente polo alcalde e sen ningún tipo de aviso e negociación previo, se solucione o problema do cadro de persoal que el mesmo xerou" e advirten da "grave situación en materia de persoal do Concello de Ourense”.

A día de hoxe, o alcalde segue mantendo a idea de cambiar o criterio do proceso de estabilización dos traballadores”, advirte o Grupo Municipal Popular. Polo tanto, o PP ratifica a súa postura: non estudará ningunha outra modificación de crédito nin haberá acordos ata que se non resolva o problema.

O Partido Popular rexeita as acusacións de bloqueo por parte do rexedor, como intenta vender á veciñanza, defendendo que con esta postura reivindica unha “solución de urxencia” sobre o persoal do Concello, que debe ter carácter previo e consensuado.

O alcalde obvia esta “caótica” situación laboral, advirte o PP, e mentres tenta que o Pleno aprobe o próximo luns unha modificación de crédito para pagar 4 millóns de euros en subministro eléctrico, cando xa se habilitou no mes de xullo un crédito para pagar débedas aos provedores.

Ademais, logo dunha partida inicial de 400.000 euros para festas tradicionais e despois de habilitarse tamén máis cartos no que vai de ano para este fin -o alcalde leva xa gastados 1,7 millóns de euros- e o luns vai pedir outro millón máis.

Tamén rexeita o PP que a estas alturas se sigan pagando facturas de obras feitas antes e durante a campaña das eleccións municipais e autonómicas que deberían estar xa pagadas.

“Isto é unha xestión caótica que non se pode ver amparada”, denuncian os populares, que insisten na total falta de negociación cos grupos da oposición. E menos aínda se pode cualificar a nosa postura de bloqueo, porque o que intenta o PP e poñer orde dentro do absoluto caos en persoal e na xestión do Concello”.

0.0768141746521