O PP provincial afea ao Goberno central os “retrasos” en abordar o novo sistema de financiación autonómica

OurenseXa
Destacan que é “necesaria” a aprobación da normativa que dea sostibilidade financieira as entidades locais, “crucial” para investir en saneamento, recollida de residuos, enerxía, comercio ou promoción turística
pp-provincial-ourense
Grupo Provincial do PPdeOU
15 Mar 2025

O Grupo Provincial do Partido Popular presentou esta semana unha moción, para o seu debate no vindeiro pleno da Deputación, na que se insta ao Goberno Central a que aprobe un Real Decreto Lei que permita a prórroga do destino do superávit do ano 2024, para as entidades locais no ano 2025. A voceira dos populares na Deputación, Patricia Torres, critica o “descoñecemento” que atopan as deputacións e concellos da situación actual das regras fiscais, que están impedindo que estas entidades locais destinen o saldo positivo que quedou do exercicio anterior a financiar inversións “clave” para a cidadanía.

O PP na Deputación afea ao Goberno de España os retrasos en abordar o novo sistema de financiación autonómica, o que está impedindo que as entidades locais se planifiquen para facer fronte ao incremento dos prezos dos gastos correntes, ao persoal ou a prestación de servizos aos cidadáns.

“É imprescindible determinar canto antes os obxectivos de estabilidade e sostibilidade financieira” indica Patricia Torres, que destaca como “crucial e necesario” que os concellos e deputacións poidan destinar o superávit do ano 2024 nas mesmas condicións que o ano anterior.

No contexto actual, existe unha prórroga dos Presupostos Xerais do Estado do ano 2023, debido a que non se aprobou unha nova Lei de Presupostos Xerais para o ano 2025, nin se definiron os obxectivos de estabilidade e sostibilidade financieira para este ano. Por tanto, a Deputación e os concellos non saben como se aplicará a lei nin a posibilidade de destinar o superávit do ano 2024 a inversións.

Cabe mencionar que a lei orgánica 2/2012 de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financieira regulaba que cando as corporacións locais, tras atender as obrigacións pendentes en materia orzamentaria (pago a proveedores, etc), o restante saldo podía destinarse a financiar inversións sempre que estas fosen financieiramente sostibles. Neste punto, o Grupo Popular Provincial incide na “oportunidade” que supuña facer investimentos en áreas como saneamento, abastecemento de augas, recollida de residuos, iluminación pública, industria, enerxía, comercio ou promoción turística, entre outras.

0.12177991867065