O prazo para participar no II Concurso Fotográfico do Nadal do Concello de Amoeiro está aberto ata o 10 de xaneiro

OurenseXa
Premiaranse as tres fotografías máis votadas con lotes de produtos locais
Foto-concurso-nadal-amoeiro
3 Jan 2026

O Concello de Amoeiro ten aberto ata o vindeiro 10 de xaneiro o prazo para participar no II Concurso Fotográfico do Nadal, unha proposta aberta a todas as persoas maiores de idade que poden enviar as súas propostas a través do correo electrónico comunicacion@amoeiro.gal.

As imaxes deben estar tomadas exclusivamente no concello de Amoeiro e poden mostrar diversos recursos paisaxísticos, como edificacións de interese cultural, históricas, rurais, paisaxes naturais, muíños, fervenzas, ríos, embalses, camiños ou sendeiros.

O concurso premiará as tres fotografías máis votadas con lotes de produtos locais das empresas Avícolas Amoeiro, Adega Terras Mancas e A Melería de Trasalba.

⚙ Configurar cookies
0.079361915588379