O programa ‘Concilia Verán’ comezou en Allariz con decenas de participantes

OurenseXa
O programa, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ofrece mañás cheas de xogos, actividades ao aire libre, obradoiros, contos e espazos para a creatividade e a convivencia
concilia-veran-allariz
6 Jul 2025

Esta semana comezou en Allariz unha nova edición do programa ‘Concilia Verán’, unha iniciativa do Concello destinada a facilitar a conciliación da vida familiar durante as vacacións escolares.

O programa, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ofrece mañás cheas de xogos, actividades ao aire libre, obradoiros, contos e espazos para a creatividade e a convivencia. O obxectivo é que os participantes gocen do seu tempo libre nun entorno seguro, fomentando a cooperación, o respecto e valores positivos a través de propostas lúdicas e educativas.

As familias contan así cunha opción de calidade para o coidado e entretemento dos máis pequenos mentres compaxinan as súas responsabilidades laborais ou persoais durante o verán.

⚙ Configurar cookies
0.16000986099243