O Programa Exeria promovido polos concellos de Barbadás, Trives e Ramirás, continúa esta semana con obradoiros de Benestar

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Este luns, 7 de xullo, a Escola Vella de Loiro acollerá unha actividade centrada no benestar físico e mental das mulleres
exeria-barbadas-
6 Jul 2025

Os concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás veñen de poñer en marcha o Programa Exeria, unha iniciativa destinada a ofrecer atención e asesoramento a mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

O programa, que botou a andar o pasado 18 de xuño, continuará este próximo luns 7 de xullo cunha actividade centrada no benestar físico e mental, que se desenvolverá na Escola Vella de Loiro (Barbadás). As participantes poderán afondar na importancia da alimentación ao longo do ciclo vital das mulleres. O encontro comezará ás 19:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.16332316398621