O programa 'Ler Conta Moito' chega a Maceda este venres
O Concello de Maceda organiza este venres, 11 de outubro, un obradoiro de letering dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos.
A iniciativa forma parte da incitativa 'Ler Conta Moito', da Xunta de Galicia, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas en colaboración coas entidades locais.
A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.
Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.
A cita terá lugar na Biblioteca Pública de Maceda ás 11.20 horas e será impartido por Alba Farto.