O PSdeG acusa a Jácome de intentar facer negocio co termalismo e esixen baixar o prezo da piscina das Burgas

OurenseXa
As socialistas presentaron este luns unha batería de emendas á ordenanza para a xestión do cobro da Piscina de As Burgas proposta polo executivo municipal de DO
natalia-gonzalez-alba-iglesias
26 Jan 2026

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense esixe ao Goberno de Gonzalo Pérez Jácome que devolva o “carácter social ao termalismo ourensán”, que deixe de “facer negocio” cun dos activos máis importantes da cidade que, din, “estamos a deixar morrer por unha absoluta falta de interese do alcalde e o seu equipo de goberno”.

A voceira socialista no Concello, Natalia González, denuncia a “ausencia de proxecto ou desenvolvemento termal por parte do goberno de DO para Ourense” e anunciou que o seu grupo presentará unha batería de emendas á ordenanza para a xestión do cobro da Piscina de As Burgas proposta polo executivo municipal nas que defenden que o modelo de xestión debe ser “directa e as súas decisións e modificacións aprobadas polo Pleno Municipal” e non un “recurso co que Gonzalo Pérez Jácome poda facer negocio ao seu gusto con presos elevados e o afán recaudatorio que plantexa esta ordenanza”.

As socialistas consideran que as sancións presentadas polo Goberno son “abusivas para os cidadáns” e defenden uns “prezos xustos e o carácter social e saudable”. Ademais, defenden que as persoas empadroadas no Concello deberían ter beneficios fronte ao “modelo turístico e privado do termalismo actual”, e requiren que se teñan en conta bonificacións para as familias numerosas con “abonos accesibles e familiares”.

A concelleira socialista Alba Iglesias, defendeu ademais medidas para a xente moza. Neste senso, as socialistas propoñen unha bonificación de 50% no custo da entrada como se da no resto de servizos públicos e que a ordenanza prantexada, sinalan, non o contempla.

Por outra banda, propoñen que haxa un día á semana na que a cidadanía ourensá poida acceder de xeito gratuíto a este espazo, así como que teñan prioridade de acceso, cun horarios especial para as e os usuarios que fagan un uso terapéutico das termas.

⚙ Configurar cookies
0.091383934020996