O PSdeG de Ourense acusa á Xunta de “degradar” a imaxe do fútbol ourensá pola xestión “absolutamente deficiente” do Estadio do Couto

OurenseXa
As socialistas esixen ao Goberno galego explicacións “claras, responsabilidades políticas e unha xestión seria e rigorosa” sobre o estado das instalacións
campo-o-couto
5 Feb 2026

As socialistas de Ourense denuncian a xestión “absolutamente deficiente” que a Xunta de Galicia está a realizar no Estadio de O Couto que, advirten, “prexudica gravemente” ao fútbol ourensán e “degrada a imaxe” de Ourense no ámbito deportivo.

Dende o grupo municipal socialista acusan á Xunta de incumprir de novo os seus compromisos e prazos con este estadio, lembrando que “no anterior pleno municipal facían o anuncio grandilocuente de que o club UDO terían que abandonar durante 3 semanas as instalacións para arranxar o último parcheado de céspede que fixeron”. Porén, din, “a tan só 4 días de que se celebre o encontro deportivo co que se tería que reinagurar o campo, a Xunta comunica unha nova prohibición para o uso do estadio”.

As socialistas consideran que a prohibición chega “tarde e mal” e que esta “falta de planificación e de previsión absoluta” prexudicando de novo aos xogadores co “sacrificio organizativo, deportivo e económico” que conleva.

“Non estamos ante unha situación excepcional, senón ante un novo episodio de mala xestión e un problema máis á larga lista de deficiencias que existen en O Couto.”, denuncian e engaden que “non é normal que un equipo teña que abandonar o seu estadio en repetidas ocasión polo estado do céspede nin que a terceira cidade de Galicia continúe pagando as consecuencias de decisións mal executadas sen que ninguén asuma as responsabilidades”

Por todo o anterior, as socialistas esixen á Xunta de Galicia explicación “claras”, “responsabilidades política e unha xestión seria e rigorosa” dunha instalación que é patrimonio social de todo a cidade.

⚙ Configurar cookies
0.085088968276978