O PSdeG de Ourense anuncia que presentará emendas á suba do imposto do lixo

OurenseXa
Denuncian a “pasividade” do executivo de Pérez Jácome, ao que acusan de “levar anos descoñecendo a súa responsabilidade ao respecto”
maria-fernandez-ojea-psoe-ourense
María Fernández Ojea
22 Oct 2025

O PSdeG anunciou que presentará emendas á suba do imposto do lixo anunciada polo executivo de Gonzalo Pérez Jácome, ao que acusan de tentar xustificar o incremento da taxa “culpando á normativa europea e ao Goberno estatal”.

Un feito que, segundo denuncia a concelleira do PSdeG, María Fernández, “é falso”, e lembra que “a normativa europea leva anos aprobada e o que esixe é avanzar cara ao reciclaxe e á xestión sostible dos residuos, non impoñer un aumento desproporcionado aos veciños por pura incompetencia municipal”.

Así, a tamén secretaria de Función Pública e Xustiza do PSdeG explica que o problema “non reside en Europa nin en Madrid”, senón na “falta de planificación e na mala xestión en Ourense”. “Levamos anos sen investir en sistemas efectivos de recollida selectiva, sen campañas de concienciación e sen modernizar o servizo. E agora, como non fixeron os deberes, están pasándolle a factura directamente á cidadanía”, sinala sobre o novo aumento, denunciando a “pasividade” do executivo de Pérez Jácome, ao que acusan de “levar anos descoñecendo a súa responsabilidade ao respecto”.

“A política medioambiental non consiste en subir impostos, senón en xestionar con intelixencia e responsabilidade. En Ourense, o que temos é un executivo que chega tarde a todo e que, cando fai algo mal, sempre busca culpables”, indica Fernández sobre a actitude do alcalde e dos seus concelleiros.

Por iso, engade, “desde o Partido Socialista estamos a traballar nestes momentos nas alegacións que presentaremos, xa que a actualización das tarifas non pode supoñer un incremento xeneralizado porque o Goberno desatende as súas responsabilidades”.

⚙ Configurar cookies
0.32428407669067