O PSdeG de Ourense confirma a lista de delegados para o 41 Congreso Federal do PSOE
O PSdeG-PSOE de Ourense vén de confirmar a súa lista de delegadas e delegados para o 41 Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Sevilla os vindeiros días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. A Comisión Executiva Provincial ratificou por unanimidade a lista proposta e que encabezará o secretario provincial e senador, Rafael Rodríguez Villarino.
Dende o PSOE ourensán destacan que “estamos ante unha candidatura de unidade absoluta”, tal e como quedou amosado coa elección de delegadas e delegados. As e os socialistas apuntan a que a delegación ourensá acudirá a Sevilla “en máxima harmonía e cunha cohesión absoluta froito do diálogo interno”. Neste senso tamén destacan que o 2 de outubro abriuse o proceso para a recollida de avais, “superándose o número máximo de 214 en apenas 48 horas”.
Composición da delegación ourensá
- Rafael Rodríguez Villarin
- Marga Martín Rodríguez
- Eladio Santos Martínez
- Uxía Oviedo de Dios
- Miguel Ángel Rodríguez Ojea
- Marina Vaz Quintillán
- José Ramón Fernández Morgade
- Marina Tallón Núñez
- Xurxo Doval Blanco
- Eva Maldonado González
Suplentes
- Suplente 1. Emilio Luís Díaz Vidal
- Suplente 2. María Carmen Rama Cotelo
- Suplente 3. Iago Fariñas Valiña
Observadores
- Emilio Luís Díaz Vidal
- María Carmen Rama Cotelo
- Iago Fariñas Valiña
- María Fernández Ojea
- Juan Carlos Francisco Rivera
- Carmen Rodríguez Dacosta
- Aurentino Alonso Araújo
- Tamara Iglesias Figueira
- Manuel Freire Cid
- Uxía Tizón Vázquez