O PSdeG de Ourense destaca a súa aposta polo investimento en materia de igualdade

OurenseXa
O PSOE ourensán súmase a esta xornada de reivindicación e loita e sinalan que “só avanzando en igualdade entre mulleres e homes, e na consecución da plena cidadanía das mulleres, conseguiremos que a nosa sociedade avance de maneira digna e xusta”
grupo-provincial-socialista
Grupo provincial socialista de Ourense
7 Mar 2024

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca este 8 M, Día Internacional das Mulleres, a súa aposta por realizar investimentos en materia de igualdade que sexan clave para avanzar como sociedade. Os e as socialistas de Ourense súmanse a esta xornada de reivindicación e loita e sinalan que “só avanzando en igualdade entre mulleres e homes, e na consecución da plena cidadanía das mulleres, conseguiremos que a nosa sociedade avance de maneira digna e xusta”.

Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense destacan que unha das sinais de identidade do partido “é o feminismo, tal e como o levamos demostrando ao longo da nosa historia, sempre da man deste movemento e convertendo en realidade as súas reivindicacións, a través da acción política e lexislativa”. Os e as socialistas apuntan tamén que o compromiso “é seguir impulsando avances que consigan alcanzar unha sociedade mellor, máis equitativa e máis democrática”.

Dende a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno lográronse importantes avances en materia de igualdade en diferentes ámbitos, como o emprego, no que alcanzouse a cifra de 9,9 millóns de mulleres traballando, o que supón o 47,3% do total, a máxima porcentaxe alcanzada na serie histórica. A isto sumouse a reforma laboral, cun emprego de maior calidade e máis estable ou o aumento do Salario Mínimo Interprofesional, cun impacto especialmente positivo para as mulleres.

“Somos conscientes das dificultades as que se enfrontan tamén as familias monoparentais, encabezadas en máis dun 80% por mulleres; as mulleres rurais da provincia, con maior dispersión de recursos e máis dificultade de acceso a eles; ou as mulleres con discapacidade ou migrantes, atravesadas por diversas discriminacións que aumentan a súa vulnerabilidade”, indican dende o PSOE ourensán. Para elo, os e as socialistas afirman que “é necesario seguir loitando a prol da igualdade e a xustiza social, cunha aposta política paritaria, onde as políticas de igualdade deben ser transversais e impregnar o conxunto das nosas actuacións”.

 

0.11122608184814