O PSdeG de Ourense organiza a IV Xornada LGBTI Ourense X Bandeira

O PSdeG de Ourense organiza este sábado a IV Xornada LGBTI Ourense X Bandeira, un evento que busca analizar os avances dos últimos 20 anos en materia de dereitos do colectivo LGTBI e poñer en valor o papel das mulleres dentro deste grupo. A actividade desenvolverase na Cafetería Mus (rúa Xoán XXIII) entre as 10:00 e as 14:00 horas, e está aberta a todas as persoas e entidades que desexen participar.
“Que esta sea la cuarta edición que presentamos demuestra nuestro compromiso con el colectivo en esta ciudad y que seguimos poniendo el foco en lo que consideramos esencial que no abordan otras formaciones políticas”, destaca a Secretaria Xeral do partido, Natalia González.
A xornada abordará tanto os logros alcanzados polo colectivo LGTBI liderados polo Partido Socialista, como as dificultades específicas ás que se enfrontan as mulleres dentro deste grupo. “Es un evento abierto a toda la ciudadanía de Ourense y esperamos que todas las entidades interesadas asistan para escucharlas y que puedan transmitir su percepción de la situación actual y recoger sus reivindicaciones”, explicou González.
Pola súa banda, o coordinador provincial da XSO, Borja López, subliñou a importancia destas xornadas, coas que os socialistas queren reivindicar “que los derechos no se regalan: se conquistan, se defienden y se protegen cada día”. “No solo es solo un acto, es una declaración política y un compromiso ético que demuestra que la nuestra es una ciudad diversa, libre y orgullosa”, engadiu.
Ademais, López sinalou a necesidade de facer fronte ás posturas que ameazan os dereitos conquistados “frente a la derecha reaccionaria que pretende acabar con nuestros derechos”. Neste sentido, asegura, “los socialistas demostraremos que hay otra manera de hacer política. Y frente a la regresión que pretenden algunos, plantaremos cara al muro”.
O secretario LGTBI do grupo provincial, Javier Alén, detallou a programación da xornada. A conferencia comezará cunha mesa redonda na que participarán Kevin Pérez, investigador predoctoral en diversidade e secretario LGBTI de JSE, Teresa Barge, tenente de alcalde de Celanova, e Antonio Giraldo, concelleiro do PSOE en Madrid. A segunda mesa, que arrincará sobre as 12:30 horas, contará coa presenza de Beth Giraldo, activista polos dereitos trans e vicepresidenta de COGAM, e Noemí Díaz, concelleira do Concello da Coruña.
A IV Ourense X Bandeira reafirma o compromiso do PSdeG coa diversidade e cos dereitos LGTBI, así como coa visibilidade e o protagonismo das mulleres no colectivo.