O PSdeG de Ourense organiza un encontro con Lucía de Castro sobre discursos da extrema dereita nas redes sociais

OurenseXa
Será o venres 20 de febreiro na Casa do Pobo
charla-lucia-castro-psoe-ourense
11 Feb 2026

A Agrupación Municipal do PSdeG de Ourense organiza unha nova sesión do ciclo ‘Conversas na Casa do Pobo’ para abordar un dos maiores desafíos actuais: combater os discursos da extrema dereita entre a mocidade nas redes sociais, espazos nos que o odio e a desinformación se multiplican rapidamente.

O acto terá lugar o venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas, na sede do partido, situada na rúa Ribeira de Canedo, 24-26.

A encargada de introducir o debate será a secretaria xeral do PSOE na cidade, Natalia González, xunto a secretaria de Mobilización da agrupación local, Rosa Martínez. A ponente principal será Lucía de Castro, politóloga especializada en Seguridade Internacional e portavoz dos e das socialistas de León.

De Castro, autora de “VOX e Rusia” e creadora de contido en redes sociais para combater noticias falsas e bulos difundidos pola dereita e a extrema dereita en España, manterá un encontro coa militancia local nun acto aberto ao público.

⚙ Configurar cookies
0.081411123275757