O PSdeG de Ourense pide unha maior presenza das mulleres nos eventos deportivos por parte da administración local

As representantes do grupo municipal socialista no Consello Municipal de Deportes (CMD) solicitaron durante a reunión deste órgano que as mulleres teñan máis presenza na presentación de eventos deste ámbito na cidade.
Concretamente, a edil do PSdeG no Concello de Ourense María Fernández reivindicou que é necesario un cambio ao comprobar que as imaxes de presentación de competicións ou campionatos só adoitan contar con representantes institucionais masculi-nos e pediu que isto mudase o máis cedo posible.
Así llo trasladou ao presidente do CMD, Aníbal Pereira, para que tanto Democracia Orensana como o PP, por ser este quen goberna na Xunta de Galicia e na Deputación, comecen a normalizar a presenza feminina no deporte potenciando dende o seu ámbito institucional a participación das mulleres.