O PSdeG de Ourense terá 15 representantes no 41 Congreso Federal

OurenseXa
A lista estará encabezada pola secretaria xeral do partido na cidade e integrante do Comité Federal, Natalia González Benéitez
natalia_gonzalez_benitez_concello_ourense
Natalia González
17 Nov 2024
A agrupación municipal do PSdeG de Ourense contará con 15 representantes no 41 Congreso do PSOE que terá lugar en Sevilla entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
Encabeza a lista a secretaria xeral do partido na cidade e integrante do Comité Federal, Natalia González Benéitez. Tamén asistirán a deputada no Congreso Marga Martín Rodríguez; o secretario de Organización dos e das socialistas ourensás, José Ramón Fernández Morgade; o secretario xeral de XX.SS. de Galicia, Xurxo Doval Blanco; Marina Tallón Núñez; Eva Maldonado González e Miguel Ángel Rodríguez Ojea.
Ademais, como observadoras a agrupación municipal do PSdeG terá á secretaria de Acción Electoral da CEM e edil no Concello de Ourense, María Fernández Ojea; á deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; Uxía Tizón, Tamara Iglesias e Manuel Freire, secretario de Cultura da CEM.
Ás e aos representantes anteriormente mencionados engádense dúas persoas do equipo de comunicación que tamén se desplazarán ata Sevilla para participar do encontro congresual.
O pasado xoves 7 de novembro a militancia socialista da cidade de Ourense presentou, debateu e aprobou nunha Asemblea Extraordinaria as propostas que consideran importantes para emendar algúns parágrafos da Ponencia Marco –un documento elaborado para blindar os avances sociais, económicos, laborais, medioambientais ou de igualdade dos últimos anos e marcar os retos a afrontar no futuro, a curto e longo prazo–.
Ditas emendas perseguen introducir melloras no texto orixinal que aborda áreas como lograr unha economía máis competitiva e xusta, unha educación de calidade, acceso á vivenda para todas as persoas, un Estado do Benestar máis eficaz e solidario, as mesmas oportunidades e dereitos entre homes e mulleres, combater a desinformación e o autoritarismo da ultradereita e conseguir liderar o proxecto europeo para contribuír á paz e prosperidade global. Tamén se inclúen algunhas propostas de modificación dos Estatutos Xerais –para as que os e as socialistas ourensás aprobaron por unanimidade 24 emendas de 26 presentadas–.
O título da Ponencia Marco para o 41 Congreso do PSOE condensa e da conta de todas as aspiracións anteriormente descritas nunha soa frase: ‘España 2030: Un socialismo que avanza, unha España que lidera’.
“Trátase dun Congreso especialmente ilusionante e ambicioso por todas as reformas que se propoñen, como a de blindar o aborto e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, cambiando a Constitución. Pero tamén para coller impulso e seguir traballando con máis forza lembrando todo o acadado estes anos, malia aos agoreiros que vaticinaban o colapso e ruptura de España: a reforma laboral e a suba do Salario Mínimo Interprofesional, a Solución Ibérica ou o Ingreso Mínimo Vital”, remata facendo balance a secretaria xeral do PSdeG, Natalia González.
0.20572400093079