O PSOE esixe a Jácome medidas urxentes para combater as altas temperaturas

Logo de varios días con temperaturas moi altas na cidade e coa previsión de que a onda de calor continúe, o grupo municipal socialista esixiu ao goberno local que tome medidas para protexer á poboación, especialmente a nenos, maiores e persoas que traballan ao aire libre.
Natalia González, portavoz do PSdeG no Concello, criticou que o alcalde Gonzalo Pérez Jácome non presentase ningún plan para facer fronte ao calor nos últimos seis anos. “Só dedicou tempo a publicar fotos de termómetros por encima dos 40 graos, pero non puxo en marcha accións concretas”, sinalou.
Os datos amosan que Galicia rexistra a maioría das mortes por calor en España durante o mes de agosto, polo que os socialistas consideran urxente que o Concello actúe para mitigar os seus efectos. Esta semana, a Xunta de Galicia activou varias alertas por calor na provincia e suspendeu as actividades deportivas ao aire libre en Ourense.
Desde o PSdeG lembran que propuxeron medidas como a atención específica ás persoas sen teito a través de Protección Civil e Servizos Sociais, con distribución de auga e refrixerios para evitar deshidratacións, pero estas iniciativas non se puxeron en marcha.
Por iso, esixen un plan a curto e a longo prazo, adaptado ás características da poboación ourensá, e que se preste especial atención a quen traballan ao aire libre durante as horas máis quentes do día.