O PSOE esixe ao PP que cese de inmediato a Manuel Baltar do seu cargo de Senador

OurenseXa
Rafael Rodríguez Villarino critica que o PP “premia” a Baltar cun cargo de senador autonómico na Cámara Alta cun soldo de 70.000 euros anuais pese a estar condenado por un delito contra a seguridade viaria
manuel-baltar-recurso
5 Mar 2025

O Grupo Socialista ha afirmado esta mañá, a través do senador por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, que José Manuel Baltar “non pode seguir sendo senador nin un minuto máis”.

Rodríguez Villarino lembrou que xa fai máis dun mes desde que a Sala do Penal do Tribunal Supremo condenou a Baltar por un delito contra a seguridade viaria por circular nun coche oficial a 215 quilómetros por hora.

“E que fixo o PP?”, preguntouse o senador socialista. “O PP, que nun primeiro momento dixo que José Manuel Baltar non podía ser nin presidente da Deputación de Ourense nin presidente do PP, dálle a máis alta dignidade e noméao senador por designación autonómica cun soldo de máis de 70.000 euros ao ano”, detallou.

Rodríguez Villarino mostrouse moi crítico coa aquiescencia do PP: “E aquí está, no Senado. E aquí está o PP, sen facer nada”. “Xa abonda de impunidade. Xa abonda de utilizar bens públicos para fins privados. Xa abonda de utilizar a política como un medio para esquivar responsabilidades”, engadiu.

O senador galego ha lembrado que, neste último mes, desde que Baltar foi condenado, “o PP non tomou ningunha medida e negouse a reclamarlle a acta, a pesar de que os socialistas así llo esiximos e non tomou ningunha medida disciplinaria nin de ningún outro tipo. De feito, Baltar mantén o seu cargo como presidente da Comisión de Despoboamento e Reto Demográfico do Senado”. Rodríguez Villarino concluíu insistindo que “o PP ten que actuar e José Manuel Baltar non pode seguir sendo senador nin un minuto máis”.

⚙ Configurar cookies
0.16042995452881