O Rally de Ourense obrigará a restrinxir o tráfico na contorna do Parque de San Lázaro

OurenseXa
As restricións comenzarán este xoves a partir das 17.00 horas e afectarán tamén a varias liñas de autobuses urbanos e aos taxis
Policia_Local_Ourense
Policía Local de Ourense
13 Jun 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración do Rally de Ourense-Recalvi requirirá realizar restricións temporais de tráfico durante os 3 próximos días na contorna do Parque de San Lázaro, que afectarán ao tráfico en xeral, residentes e autobuses e taxis. Así, durante a xornada deste, xoves, 13 de xuño, de 17.00 a 23.59 horas, o venres, de 22.00 a 23.59 horas e o sábado, de 0.00 a 23.30 horas, estarán operativas estas modificacións:

Restriccións para o tráfico en xeral

Os vehículos que circulen pola rúa Xoán XXIII, en sentido norte non poderán acceder á rúa Concello. Deberán continuar a súa marcha por Xoán XXII, en sentido contrario ao habitual e seguir por detrás da Subdelegación do Goberno.

Pola súa banda, os vehículos que circulen pola Avenida da Habana e pretendan continuar en sentido sur por Xoán XXII, non poderán xirar á esquerda. Deberán continuar pola rúa da Habana cara á Praza de Concepción Arenal.

Por último, os vehículos que circulen pola rúa Concello á altura da intersección con Xoán XXIII deberán xirar cara á dereita por esta rúa cara ao Progreso ou á esquerda por Xoán XXIII, en sentido contrario ao habitual, até a Avenida da Habana.

Restriccións de tráfico para residentes

As persoas residentes na rúa Bedoya, no treito que vai desde a rúa Valle Inclán até o Parque de San Lázaro, e Cardeal Quevedo, entre A Habana e o parque, poderán acceder e saír dos seus domicilios cos seus vehículos, xa que a organización do rally habilitará estes treitos con dobre sentido de circulación nos intervalos horarios indicados.

Restriccións no transporte público

Habilítanse paradas alternativas de autobuses e taxis: para os buses que circulan en sentido norte anúlase a parada do Parque e habilitase outra en Xoán XXIII (detrás da Subdelegación), para os que circulan sentido sur: anúlase a parada de Xoán XXIII (detrás da Subdelegación) e habilítase outra na Habana, número 39. Por último, para os taxis anúlase a parada do Parque e habilítase outra na rúa Santo Domingo (entre o Parque e Concordia).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18563985824585