O Teatro Principal de Ourense acolle a estrea da función "Retrato dun Tremor"

OurenseXa
A Aula de Teatro do Campus de Ourense presenta este venres 12 de abril, ás 20.00 horas, á peza "Retrato dun tremor", no marco da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu)
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
12 Apr 2024

Ourense está a acoller a vixésimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu 2024), que se extenderá ata o 9 de maio e que abarcará un amplo abano de actividades culturais.

O turno de este venres 12 abril é para a compañía Cordelia, da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Ourense, que presentará no Teatro Principal a súa nova peza "Retrato dun tremor", escrita e dirixida pola actriz  Fina Calleja.

Sinopse

Un terremoto deixa de ser noticia no momento en que se apagan as cámaras e os cronistas se retiran. Xa non hai fotos e comézanse a vivir en primeira persoa as consecuencias da corrupción, dos roubos. Os sobreviventes comezan a coñecer o terremoto, a convivir día a día co destruído, coa mesquindade e a solidariedade. Pivotando entre o "documental" e o esperpento, tomamos como referente esta creación colectiva de Teatro de los Andes para reafirmarnos en que non existe a democracia onde reina a miseria.

Máis dunha vintena de espectáculos

A programación completa desta vixésimo novena edición da Miteu consta dun total de 23 espectáculos de teatro, música e danza, que correrán a cargo de 14 grupos de teatro universitario e de 9 grupos convidados de teatro profesional. Nesta edición estará por primeira vez presente una compañía procedente de Mozambique, xunto a grupos Colombia, Portugal e unha importante representación de España (Castela León, Navarra, Madrid, Estremadura e Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense). A provincia ourensá, anfitrioa deste importante evento cultural, estará representada por cinco grupos de teatro.

0.16858100891113