O tenente de alcalde, José Ignacio González, representará ao Concello no Consello Social da UVigo

OurenseXa
O tamén tenente de alcalde Aníbal Pereira será o representante do Concello no comité executivo da Fundación Expourense
Xunta_goberno_local_concello_ourense
Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense
21 Mar 2024

A Xunta de Goberno Local aprobou 17 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no salón de plenos do Concello.

Entre eles, acordou conceder 5 licenzas urbanísticas e designar o tenente de alcalde José Ignacio González para representar ao Concello no Consello Social da Universidade de Vigo, na sociedade Cidade Universitaria S.A. e no Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense).

O tamén tenente de alcalde Aníbal Pereira será o representante do Concello no comité executivo desta fundación, de cuxo padroado xa forma parte por delegación da Alcaldía.

0.16323399543762