O torneo de fútbol cadete ‘Ourense, a Provincia Termal’ rematou coa vitoria do Real Madrid

OurenseXa
Na cita participaron ademais o atlético de Madrid, Real Club Celta de Vigo, Athletic Club de Bilbao, Oporto e Pabellón CF
real-madrid-cadete-toneo-ourense
Imaxe da vitoria do Real Madrid no Torneo de Fútbol Cadete 'Ourense Provincia Termal'
16 Jun 2025

O estadio do Couto acolleu entre o 12 e o 15 de xuño unha competición o torneo de fútbol cadete ‘Ourense, a provincia termal’, no que participaron o Real Madrid, que se fixo coa vitoria, o atlético de Madrid, Real Club Celta de Vigo, Athletic Club de Bilbao, Oporto e Pabellón CF.

Esta cita deportiva, organizada polo Pabellón CF coa colaboración da Deputación Provincial, do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia, tivo un compoñente solidario, xa que a recadación da fase final foi doada integramente á Fundación Juan Soñador.

⚙ Configurar cookies
0.1655170917511