O Trail Paderne de Allariz celebrou unha edición de éxito con máis de 160 participantes

O Trail Paderne de Allariz 2026 celebrou este pasado domingo a súa sétima edición, que resultou todo un éxito con 198 persoas anotadas, a maioría na distancia curta, na que 110 corredores e corredoras percorreron 15 quilómetros pola contorna do concello.
Para os máis valentes, a proba contou tamén cun percorrido longo, de 25 quilómetros, no que participaron 58 persoas. Ambas probas saíron dende o Pavillón Polideportivo de Paderne de Allariz para adentarse nas paisaxes deste municipio, nunha xornada de convivencia e deporte que xa é toda unha tradición consolidada no concello e que espera volver en 2027.
Dende a organización agradecen aos participantes, así como aos voluntarios de protección civil, a Runmaniak e ao Concello de Paderne de Allariz, nomeadamente ao alcalde, Manolo Pérez Nóvoa, por ter contribuído a bo desenvolvemento deste Trail.