O Tríatlon Vila de Allariz regresa este sábado coa súa edición número trinta e dous

OurenseXa
O Tríatlon Vila de Allariz é coñecido polo seu esixente percorrido que combina natación, ciclismo e carreira a pé
XXXII Triatlon Vila de Allariz
17 Ago 2024

Este sábado, 17 de agosto, a localidade de Allariz será o escenario da edición XXXII do Tríatlon Vila de Allariz, un evento deportivo organizado polo Concello de Allariz e Federación Galega de Tríatlon e que forma parte da tradicional Festa da Empanada.

O tríatlon comezará ás 18:00 horas, ofrecendo ás persoas participantes e espectadoras un espectáculo inesquecible nun entorno natural incomparable como é Allariz.

O Tríatlon Vila de Allariz é coñecido polo seu esixente percorrido que combina natación, ciclismo e carreira a pé. Os atletas deberán amosar a súa resistencia e habilidades en cada unha das disciplinas para acadar a meta. O evento atrae tanto a triatletas experimentados/as como a novatos/as que buscan superar os seus límites nun ambiente de competición amigable.

Desde o Concello destacan que XXXII Tríatlon Vila de Allariz non so é unha proba de resistencia física, senón tamén unha oportunidade para gozar da beleza natural de Allariz.

0.21523380279541