O Trofeo Pedro Escudero celebra a súa 53ª edición este sábado
OurenseXa
O Club Natación Pabellón Ourense organiza un ano máis este torneo que reunirá aos mellores nadadores da comunidade na piscina Rosario Dueñas

11 Jul 2025
O Club Natación Pabellón Ourense organiza este sábado, 12 de xullo, a LIII edición do Trofeo Pedro Escudero, unha das citas clásicas da natación na cidade.
A competición disputarase na piscina Rosario Dueñas, cunha primeira sesión de mañá a partir das 9:30 horas e unha segunda sesión pola tarde ás 17:00 horas. Como cada ano, o torneo reunirá a centos dos mellores nadadores da comunidade.
O evento conta coa colaboración do Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia.