O Xardín do Posío acollerá unha nova edición do curso Tai Chi na rúa
O Xardín do Posío acollerá desde o luns, 1 de xullo, unha nova edición, a número 40, do curso Tai Chi na rúa. O concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, o director do Consello Municipal de Deportes (CMD), Jorge Encinas, e o mestre de Tai Chi, Jose Gago, organizador e profesor, presentaron esta actividade, que vén patrocinando o CMD desde o seu inicio en 1983, e confía acadar este ano un novo éxito de participación como nos anteriores.
O curso é gratuíto e desenvolverase desde o vindeiro luns, día 1, até o 19 de xullo, de luns a venres, de 8.00 a 9.00 horas da mañá no Xardín do Posío. Todas as persoas que o desexen poden asistir, simplemente deberán levar roupa cómoda para facer exercicio. Esta actividade está indicada para todas as idades, pero es especialmente beneficiosa para as persoas maiores.