O Ximnasia Burgas logra 6 títulos autonómicos no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Acrobática

OurenseXa
O club suma un total de 11 podios, con 6 ouros, 3 pratas e 2 bronces
podio-cuartetos-benjamin-club-ximnasia-burgas
Podio cuartetos Benjamín
30 Jun 2025

O Ximnasia Burgas pechou a súa participación no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Acrobática cun balance excelente: 6 títulos autonómicos, 3 subcampionatos e 2 terceiros postos, sumando un total de 11 podios.

Por equipos, o club proclamouse campión galego nas categorías Benxamín e Alevín e subcampión en Infantil. Ademais, as súas formacións acadaron catro títulos máis en grupos e parellas, sumando así seis primeiros postos autonómicos. A estes resultados engádense tres segundos postos e dous terceiros, que confirman a boa traxectoria do club na base deste deporte.

A competición celebrouse en Gondomar coa participación de máis de 100 ximnastas de 6 clubes galegos.

⚙ Configurar cookies
0.15728783607483