O Ximnasio Municipal de San Cibrao das Viñas suma unha nova actividade
OurenseXa
A partir deste sábado os maiores de 16 anos poderán desfrutar de clases de Box Training

4 Feb 2026
O Concello de San Cibrao das Viñas incorpora unha nova actividade no Ximnasio Municipal. A partir deste sábado, todos os usuarios e usuarias maiores de 16 anos poderán asistir a clases de Box Training.
A actividade terá lugar todos os sábados de 11:00 a 12:00 horas e ten aforo limitado, polo que haberá que anotarse para participar. Para máis información ou para inscribirse, as persoas interesadas poden achegarse directamente ao Ximnasio Municipal.