O xogador do COB, Unai Mendikote, preseleccionado para a Selección Masculina 3x3
España empeza a rodar co anuncio da súa preselección de xogadores. O obxectivo comeza o próximo 22 de agosto en Viena, pero antes a selección española concentrarase en Guadalaxara do 16 ao 20 de agosto para puír os últimos detalles antes de poñer rumbo a Austria.
Pedro Meléndez, axudado por Raúl Fernández, dirixirá a 9 xogadores nunha concentración de catro días. Ademais, contará coa fisio Ana Martín para a concentración, e Jorge Muñiz para o Europeo. Marta Pérez será a médico do equipo.
A lista de convocados é a seguinte: Diego de Blas (Albacete Basket / Valencia 3x3), Unai Mendikote (Club Ourense Baloncesto S.A.D. / Bàsquet Xirona 3x3), Carlos Martínez (Lausanne 3x3), Iván Aurrecoechea (Covirán Selecta), Fallou Niang (Palmer Basket Mallorca Palma), Guim Expósito (Barcelona CBS 3x3), Isaac Mayo (Gipuzkoa Basket / Bàsquet Xirona 3x3), Pablo González Longarela (Bàsquet Xirona 3x3) E Javier Herrero (Valencia Basket 3x3).