O xornalista palestino Shehab Aldin dará unha conferencia no Liceo titulada "Sobrevivindo á guerra en Gaza"

OurenseXa
A palestra está organizada pola plataforma BDS Ourense e terá lugar o 25 de marzo
palestra-gaza-liceo
23 Mar 2025

A plataforma Boicotes, Desinvestimentos e Sancións a Israel de Ourense (BDS Ourense) organiza unha palestra titulada "Sobrevivindo á guerra en Gaza" na que o xornalista palestino Shehab Aldin exporará as súas vivencias. Será ás 19:30 horas do 25 de marzo de 2025 no Liceo de Ourense.

Aldin é orixinario da Faixa de Gaza, onde viviu “o xenocidio que o sionismo comete contra o pobo palestino e onde foron mortos moitas persoas da súa familia”, explican dende a organización.

Actualmente reside na Coruña e traballa por dar visibilidade á situación de todas as persoas palestinas a través do seu traballo como xornalista e como relator. Ademais, fai parte da iniciativa internacional WeAreThePeace, que busca dar a coñecer as experiencias das persoas vítimas de violencia bélica.

No evento, recadaranse fondos para axudar á familia de Aldin. A palestra fai parte das actividades da Semana Contra o Apartheid Israelita de BDS, que vai do 21 (Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial) ao 30 de marzo (Día da Terra Palestina).

⚙ Configurar cookies
0.089310884475708