O XXV Rally de Reis da Escudaría Clásicos Ourense será o 26 de xaneiro
OurenseXa
Os participantes percorrerán un total de 114 quilómetros pola provincia de Ourense
Imaxe da Escudaría Clásicos Ourense
15 Jan 2025
A Escudaría Clásicos Ourense organiza un ano máis o tradicional ‘Rally de Reis 2025’, que festexa este ano a súa vixésimo quinta edición. A proba terá lugar o 26 de xaneiro e conta coa colaboración dos concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Nogueira de Ramuín, Coles, Xinzo de Limia e Pereiro de Aguiar.
Os participantes percorrerán un total de 114 quilómetros en 13 tramos, con saída dende a en praza Carlos Casares de Xinzo de Limia. A reagrupación farase en Pereiro de Aguiar. Os participantes terán a oportunidade de visitar o Museo da Limia, en Vilar de Santos, e a Casa da Lagoa en Sandiás. O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 21 de xaneiro.