Oira acollerá este mes o Campionato Galego de Volei Praia nas categorías cadete e infantil
O recinto deportivo municipal de Oira acollerá durante o mes de marzo tres novos torneos de volei praia, puntuables para os Campionatos de España 2024 e para o Ránking Galego. As citas comezarán este sábado, 9, co Campionato Galego Sub17 (categoría cadete), e continuarán o 16, co torneo Sub 19 e o 23 de marzo, co Sub15 (categoría infantil). Os campionatos están organizados coa colaboración do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, e suponen a reanudación da competición da temporada 2023/2024 desta modalidade deportiva.
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello a José Ramón Baña Suárez, secretario xeral da Federación Galega de Voleibol, Alexandre Prada, director deportivo del club organizador, Club Ourense Volei Praia, e Pilar Tejada, socia de ARL Abogados, patrocinador principal.