Os clubs Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón logran 18 medallas na primeira fase da Copa Deputación

Preto de 200 ximnastas de rítmica e ximnasia xeral participaron esta fin de semana na primeira fase da Copa Deputación de Ximnasia Escolar, Promoción e Prebase, que se celebrou en Celanova.
Os conxuntos, dos clubs Escola Pavillón y Club Ximnasia Pavillón,que tamén buscaban nesta primeira fase a súa clasificación para o Galego Escola, lograron uns excelentes resultados, cun total de 18 medallas, das que 16 foron ouros.
Os mellores resultados foron para Paula Regueiro Moldes, (iniciación), Ximena González López (prebenxamín), Noa Miranda Álvarez (benxamín), Olivia Currás Conde (alevín), Valeria Sotelo Lorenzo (infantil) e Pura Diéguez Nóvoa (sénior). Ademais, Ana Sofía Fernández Sindín (infantil), logrou unha medalla de bronce e as ximnastas Aroa Cantanhede Domínguez (alevín), Iria Gil Martínez (infantil) e Cinthia Miguélez Fernández (cadete) lograron tres cuartos postos respectivamente.
O Club obtivo medallas en case todas as categorías da competición: tres ouros para tres conxuntos da Escola Pavillón das categorías prevenxamín, alevín e infantil, e un ouro para o Ximnasia Pavillón na categoría sénior; unha prata para Escola Pavillón en categoría iniciación e catro cuartos postos.
Os niveis promoción e prebase da fase provincial obtiveron un ouro na categoría individual para Carlota García-Peñuela Fernández (prebase cadete) e ouro tamén para os conxuntos benxamín e xuvenil promoción ademais dos conxuntos alevín, infantil e xuvenil prebase
Dende o club destacan que “o nivel competitivo e participación nesta competición é cada vez máis alto e mostra unha boa saúde da base da ximnasia ourensán, estando os premios moi repartidos entre os diferentes clubs e escolas da provincia”, e destacan o traballo das súas adestradoras tamén noutras escolas e vilas, como Pereiro, o Club Miraflores- Madre Trinidad, Ribadavia, Barbadás e Xinzo de Limia. Pese a que aínda quedan dúas fases ademais da fase final, para o equipo técnico os resultados son “excelentes” e aseguran que seguirán “traballando con ilusión ata o remate da tempada autonómica”.