Os cursos de verán da UVigo afondan na historia, a arte e as tradicións de Ourense
O Campus de Ourense vén de comezar os seus cursos de verán, que se desenvolverán ao longo de todo o mes de xuño en distintos puntos da provincia.
Os cursos arrancaron esta semana ca primeira das propostas, titulada Ourense no tempo: historia, arte e tradicións, un ciclo no que cincuenta participantes achegaranse ao pasado da provincia, ao seu patrimonio e ás súas tradicións "co reto de contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores”, segundo sinalan desde a UVigo. O curso festexa este ano a súa segunda edición, logo da boa acollida do ano pasado, e terá lugar ata este venres.
A programación de verán do campus segurá o próximo 12 de xuño co curso Biodiversidade ambiental, no concello de Muíños, e o 15 de xuño co curso Iniciación á lingua de signos española, á comunidade e cultura xorda. Ferramentas socioeducativas inclusivas, que se celebrará no Edificio de Ferro e que contará con outra edición entre o 22 e o 24 de xuño. Pola súa banda, Celanova acollerá, como ben sendo habitual, o curso de medios audiovisuais 20 Anos co cinema galego. Industria, cultura, identidade, que terá lugar entre o 24 e 0 28 de xuño.
Como novidade, este ano celebrares tamén o curso Visibilización da importancia da saúde mental na mocidade, que terá lugar entre o 17 e o 25 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.