Os farois volven a iluminar Celanova polas Festas da Ramallosa

OurenseXa
O Concello de Celanova repartirá este ano un total de 13.000 farois de papel e 6.000 candeas
Celanova
3 Ago 2024

Miles de farois iluminarán este sábado a vila de Celanova con motivo das Festas da Ramallosa 2024.

O Concello de Celanova repartirá este ano un total de 13.000 farois de papel e 6.000 candeas para ilumunar a procesión da Virxe da Encarnación, que terá lugar na noite deste sábado, a partir das 23.00 horas.

A festa, que arrancou este vernes, 2 de agosto, coa actuación da discomóvil A Gramola, continúa na xornada deste sábado coas charangas Caliqueños, BCB e Roquiños, que animarán as rúas da vila a partir das 21.00 horas. Ademais, ao finalizar a procesión, a festa chegará á Alamda da man DJ Sula, Diana Tarín y DJ Pancho.

As celebracións rematarán o domingo, 4 de agosto, cun programa que inclúe diversos pasarrúas polo municipio, a actuación da Banda de Música Municipal de Celanova ás 20.00 horas e a actuación do grupo Xtra, que será o encargado de poner o peche final aos festexos cunha actuación que comezará ás 21.30 horas na Alameda.

0.17589902877808