Os Festicultores e a Orquestra Origen animarán este venres o Entroido de Ourense

OurenseXa
Tamén haberá sesións de DJ en distintas prazas do centro, así como charangas que percorrerán o Casco Vello ata ben entrada a madrugada
entroido-ourense
13 Feb 2026

Ourense vivirá este venres unha xornada chea de actividades para celebrar o Entroido 2026, que tiña que comezar xa pola mañá cos tradicionais desfiles escolares que, este ano, tiveron que ser cancelados a causa do temporal.

Ao longo da tarde e da noite, a música será a protagonista en varias prazas do casco histórico. De 20:00 a 23:00 horas actuará a Orquestra Origen na Praza Maior, onde ás 20:30 horas se realizará a saúdo do alcalde. Ás 00:30 horas haberá unha sesión de DJ na Praza do Correxidor, mentres que á 1:00 da madrugada actuará a Festicultores Troupe na Praza de Santa Eufemia. Durante toda a xornada, diferentes charangas percorrerán o Casco Vello ata as tres da mañá.

Os festexos provocarán cortes de tráfico puntuais entre as 11:00 e as 13:00 horas nas rúas Sáenz Díez, Curros Enríquez, Pardo de Cela e Xesús Pousa, debido aos desfiles escolares. Ademais, continuarán as restricións de circulación no casco histórico polas actividades musicais previstas.

PROGRAMA COMPLETO DE ACTIVIDADES DO ENTROIDO DE OURENSE

⚙ Configurar cookies
0.08489203453064