Os Festicultores Troupe animarán o Entroido de Ourense na noite deste venres

OurenseXa
A xornada de hoxe comezará cos tradicionais desfiles escolares e continuará con actuación musicais e animación de rúa pola tarde
Entroido_Ourense_Praza_Concello
28 Feb 2025

Ourense continúa coas celebracións do Entroido de 2025, que comezou oficialmente este xoves 27 de febreiro coa tradicional Loita de Comadres e Compadres na Praza Maior.

Para o día de hoxe, venres, o programa incluirá desfiles escolares, pasarrúas, actuación musical  a chegada dos Festicultores Troupe, que serán os encargados de amenizar a noite deste venres na Praza de Santa Eufemia.

Programa do Entroido de Ourense para o venres, 28 de febreiro

  • 10.30 horas. CEIP Virxe de Covadonga. Saída do desfile escolar de Entroido Covadonga – As Eiroás- O Vinteún, con animación a cargo da charanga Os Bandiños
  • 11.00 horas. Praza Mestre Vide. Saída do desfile escolar das Lagoas, con animación da charanga Nova Terra de Trives
  • 11.15 horas. Praza Maior. Saída do desfile escolar de  Entroido da zona centro da cidade, con animación a cargo de CLK, Trópico de Grelos e Caña aquí, con saída e remate na Praza Maior.
  • 11.30 horas. CEIP A Ponte. Saída do desfile escolar de Entroido da Ponte, con animación da charanga Noroeste
  • 20.00 horas. Rúas da cidade. Animación de rúa con Trópico de Grelos e Tattoo
  • 20.00 horas. Praza Maior. Baile coa orquestra CLAXXON e Pregón do alcalde
  • 21.30 h. Rúas da cidade. Animación de rúa con Nova Terra de Trives, Caliqueños e Támega
  • 23.00 horas. Rúas da cidade. Animación de rúa con Alambique e Noroeste
  • 00.30 horas. Rúas da cidade. Animación de rúa con Mekanika e Dr Anchoa
  • 01.00 horas. Santa Eufemia. Festicultores Troupe
⚙ Configurar cookies
0.30864191055298