Os infantís do COB rematan a tempada cun resultado histórico
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello o equipo infantil de Club Ourense Baloncesto (Bball Ourense), que recentemente participou no campionato de España da categoría, e acadou unha histórica clasificación que os levou a disputar a ronda de oitavos de final do torneo.
O alcalde felicitou o equipo ourensán pola súa extraordinaria temporada que culmina cun magnífico resultado nun campionato no que participaban os mellores equipos de toda España.
O equipo ourensán obtivo 3 victorias nos 3 primeiros partidos do torneo, fronte a Sant Josep A Pro, Leclerq Caja Rural CB Tormes e Prado Marianistas, que o levaron a rematar a primeira fase como líder do seu grupo, e clasificarse para disputar os oitavos de final, onde caeu fronte a Casademont Zaragoza.
O acto contou coa presenza dos xogadores, corpo técnico, directivos e presidente do equipo ourensán, que foron recibidos polo alcalde, o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, e a concelleira de Contratación, Ana Fernández.